Na nosa realidade, o pensamento e a práctica económica
neoliberais son as que orientan e impulsan as reformas
universitarias. No contexto do noso País, unhas
políticas universitarias esbozadas en Bruxelas,
referendadas en Madrid e asumidas acriticamente polo
Goberniño da Xunta, veñen a asegurar un futuro de
dependencia colonial para o noso pobo.
Na nosa realidade, o pensamento e a práctica económica
neoliberais son as que orientan e impulsan as reformas
universitarias. No contexto do noso País, unhas
políticas universitarias esbozadas en Bruxelas,
referendadas en Madrid e asumidas acriticamente polo
Goberniño da Xunta, veñen a asegurar un futuro de
dependencia colonial para o noso pobo.
O camiño da privatización dos servizos públicos,
lóxica sistémica do capitalismo, comeza a forzar os seus
pasos coa medida chamada Plano Boloña, que no medio da
mentira e o escurantismo, quere ver o ensino público
engulido polo mercado, submiso aos seus ditados e distante
das clases populares. O Plano de Boloña significa, por
baixo do discurso da europeización, un embate aberto na
contra do pensamento que reclama e reclamou a construción
dunha Universidade Galega única, nacional, popular,
científica e democrática.
Esta medida ven a alentar a privatización dunha
Universidade que xa se debruzou nos intereses do mercado e
que non se recoñece na nosa realidade nacional:
A Universidade Galega, hoxe
A realidade da Universidade Galega é hoxe e en primeiro
lugar, a dunha Universidade provinciana, colonial, adaptada
ao marco universitario trazado polo Estado Español (EIE),
en cuxas aulas se inculca o credo nacional-católico, na
que non existe unha formación que facilite a adquisión
dunha perspectiva ampla sobre o atraso económico de
Galiza, na que se educa no acriticismo. É a realidade da
desgaleguización acelerada da institución e do
estudantado, que obriga a sacrificar en aras do
amelloramento curricular o idioma galego, patrimonio
exclusivo da nosa nación. A dunha Universidade que
adoutrina de costas ao pobo traballador galego, que allea ao
estudantado da súa realidade nacional e que se nega a
poñerse ao servizo das clases populares.
A dunha institución que fede a vello, antidemocrática,
na que a imposición custe-o-que-custe do criterio do
profesorado é unha realidade cotiá, na que a
participación do alumnado se limita ás Xuntas de
Facultade e Claustro, cenáculos que non representan a
ninguén e nos que non temos ningún peso decisivo.
A dun modelo pedagóxico reprodutor da desigualdade, da
explotación, da violencia patriarcal. Un modelo
pedagóxico ao servizo da clase dominante, hexemónica,
que nos quere sumar, como próxima elite, ao seu proxecto
de dominación. Un modelo pedagóxico que debe ser
revolucionado, transformado, e que na súa permanencia
ameaza con blindar para o futuro o sistema capitalista,
baseado sempre na explotación do home polo home.
A dunha Universidade servil, penetrada polo mercado e o
empresariado, entregada á Banca, cos seus servizos
auxiliares (limpeza, mantemento...) privatizados, que
privatiza o Servizo Universitario de Residencias (hoxe por
hoxe, con prazas a prezos abusivos para o estudantado, e non
para todo, hotel para congresistas), que condena aos
bolseiros e bolseiras a un traballo en precario, sen
Seguridade Social, que fomenta as prácticas en empresas a
salarios de vergoña, que recibe da Xunta moito menos da
prometida esmola do 1% do PIB nacional. Unha Universidade
que deseña os seus planos de estudo atendendo ás
necesidades dun mercado preparado para condenarnos ao
desemprego ou á precariedade laboral. Unha universidade
que desbota as especialidades humanísticas por non seren
“rendíbeis” en termos do capital, e que está
disposta a renunciar á formación en Belas Artes,
Informática, Filoloxía…
Responsabilidades políticas
Neste contexto, cómpre identificar aos culpábeis.
Culpábel da reforma neoliberal é unha institución como
a Unión Europea, que baixo o ditado (a ditadura) das
multinacionais, pula abertamente por unha privatización
total do ensino universitario. Culpábel é Madrid, a
capital do pactismo, que acciona dende sempre no
desartellamento das nosas estruturas sociais e económicas,
que nega a entidade política do noso pobo, que nega e
agrede a nosa identidade diferencial e mesmo o pluralismo
que existe no seo da nación galega. Culpábeis son os
bonecos barriga-verde do Pp (PpdeG) e do PsoE (PsdeG) que
orquestran o desmantelamento do noso ensino público nunha
actitude seguidista do que a metrópole ven a decidir.
E xa, logo de catro anos de lexislatura, culpábel se
resolveu tamén o BnG, que no cerne do bipartito abalou
entre unha complicidade activa e un silencio
colaboracionista coa aplicación de todo tipo de medidas
liberalizadoras da economía e dos servizos públicos,
entre elas a posta en marcha por parte da Consellería de
Educación da máxima medida privatizadora da nosa
Universidade: a aplicación do Plano de Boloña, abofé,
de costas ao estudantado.
Urxencia dunha alternativa estudantil
Diante da pasividade actual da maior parte do estudantado,
cómpre soerguer unha alternativa estudantil eficiente,
asemblearia e unitaria, que atalle a entrega pacífica dos
nosos servizos públicos, nomeadamente o ensino. Unha
alternativa estudantil que conecte dende a base a
Universidade co seu contexto, coa clase traballadora, coas
clases populares, con Galiza.
Unha alternativa estudantil que esixa, en suma, a
conversión desta cousa vella, podre e illada do pobo
traballador que alguén denunciou hai máis de vinte anos
nunha Universidade popular (de acceso universal e
gratuíto, ao servizo do pobo traballador), nacional (en
galego, para Galiza), científica (depurada da ideoloxía
capitalista, do pensamento neoliberal, da superstición
relixiosa) e democrática (para que o estudantado teña a
voz e o peso fundamental na toma de decisións).
É por iso que apelamos ao teu compromiso para que te sumes
ao proxecto de ADIANTE e achegues as túas propostas e o
teu esforzo no camiño de artellarmos un movemento
estudantil forte, combativo, asembleario, plural e
democrático, posto na teoría e na praxe ao servizo do
pobo traballador galego, de Galiza.
Organízate e loita!
::Descarga o documento en pdf
http://www.adiantegz.org/index.php?option=com_remository&Itemid=31&func=startdown&id=32
http://www.adiantegz.org/index.php?option=com_content&task=view&id=207&Itemid=28
http://www.adiantegz.org/images/stories/estudantil/paremos%20a%20venda%20da%20universidade%20adiante.jpg