Click To Play
Acurralado polos tremendos fachos de vento e pola incompetencia política que obrigou ó xaxún enerxético a todo o país galego duante ista fin de semana, nun dos epicentros de maior intensidade diste tremendo vendaval ,esgotando as provisións e alumeado só por dúas velas producíuse un extremecedor novo capítulo do podcast galego de autor Ouveos na Noite.
Horas de incertidume na escuridade dos estudios Grozni narradas de xeito extremecedor por un podcaster que se converteu , unha vez máis, no único facho para populación galega rebelde olvidada polas multinacionais enerxéticas e por un goberno que entoaron ó unísono o sálvese quen poida . E Moita atención porque coas baterías en plena reserva e coa única luz das velas no segundo día de resistencia, o podcaster emulando ó Kurt Cobain das últimas arrodeado de velas dos defuntos, realiza runha semblanza sonora cun inaudito tema acustico , Ouveos Unplaged, a estética dos tempos de guerra!!