Vieiros

Vieiros de meu Perfil


CANDO RETUMBA A INCERTIDUME

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de CANDO RETUMBA A INCERTIDUME

CANDO RETUMBA A INCERTIDUME

O rescate público da banca nos termos que vén producíndose, é un método impropio de recapitalizar ás entidades financeiras a través de diñeiro dos cidadáns e do beneficio das empresas, pero de ningún xeito operará como resorte da reactivación dos mercados.

Enviada por galdo galdo o 31/12/2008 03:00
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

O PLAN DE RESCATE OU CANDO RETUMBA A INCERTIDUME XOSÉ MANUEL GALDO-FONTE Polo período que nos toca vivir, somos testemuñas directamente afectadas da peor crise da era do consumismo exorbitante e o crecemento ficticio, co agravante de que seu alcance non tocou fondo e por conseguinte súa incidencia é algo imprevisible, e as consecuencias toda unha incógnita, pero o que é evidente, é que a actual crise denota unha situación económica moi grave que non se resolve con aparencias de confianza, pero si con intervencións efectivas equidistantes de artificios de resurrección das propias estruturas que xeraron a súa xénese, pois caso contrario dariamos por sentado que o peor pode empeorar.A historia adoita ser o prólogo do futuro, por iso, sen establecer un paralelismo mimético á hora de articular alternativas de solución, si é procedente considerar as razóns que provocaron a orixe da anterior gran crise, é dicir, a Gran Depresión do 29, e a súa vez analizar os erros cometidos na súa solución, para así, non incorrer en despropósitos acaecidos.Á marxe de precisións de detalle, a motivación de crack do ano 1929 garda unha notoria afinidade coa causa que impulsa o presente desastre da economía mundial, que non é outra que tolerar como modelo a preferencia da economía especulativa en detrimento da economía real, é dicir, prímase o logro irracional de beneficios rápidos e diñeiro fácil sobre respaldo ficticio, e regatéase solvencia á economía productiva; e por iso, considerar que este comportamento non tería efectos perniciosos, era só unha percepción de ilusos inexpertos ou de protagonistas expertos adictos ao beneficio propio.Que na actualidade os mercados financeiros volvan tropezar na mesma pedra que os seus antecesores daquela época, non é nada estraño nin sorprendente, pois é un mero comportamento da xenética bancaria caracterizada por un exceso de avaricia que se traduce en establecer investimentos en negocios excesivamente arriscados, sobre a premisa de suculentas plusvalías; coa excelente garantía de optimización dos seus balances cando o “boom“ especulativo entra en alza, e igualmente, co seguro de intervención en rescate cando asoma a presencia do declive.Con todo, por máis que se tente aparcar, o modelo de economía de libre mercado segue sendo o patrón incuestionable que debe rexer o funcionamento das actividades económicas, pero á vista dos feitos é imprescindible a aplicación estricta das regulacións legais pertinentes a fin de restrinxir intervencións que pola súa natureza e risco poñan en cuestión a validez do sistema.Agora ben, cando como na situación actual, por deficiencias funcionais no comportamento do libre mercado, se xere unha crise profunda e o Estado haxa de ser arbitro e organizador da economía a través da súa intervención forzada, é o propio Estado o obrigado a establecer as medidas correctoras que impidan unha interación cíclica desta atípica irregularidade, a economía de libre mercado non pode sustentarse a través de débeda pública, e se esa emerxencia ocorre, non existirá a necesidade de intermediarios financeiros, e deberá ser a institución pública a obrigada a rescatar a economía productiva auxiliando directamente ás empresas que en síntese son as verdadeiras artífices da creación de riqueza e emprego. O rescate público da banca nos termos que vén producíndose, é un método impropio de recapitalizar ás entidades financeiras a través de diñeiro dos cidadáns e do beneficio das empresas, pero de ningún xeito operará como resorte da reactivación dos mercados, pola contra, producirá un efecto inverso ao verificarse o fracaso das expectativas creadas a través das deficientes políticas intervencionistas dos gobernos, e iso promoverá un recrudecemento da desconfianza como consecuencia da continuidade no estancamento do fluxo crediticio.Consecuencia diso, iniciarase a fase máis complexa da recesión, entrando en caducidade por ineficaces, os métodos e sistemas aplicados ata entón, para dar entrada obrigada a medidas excepcionais de reactivación económica efectiva; o lamentable, é que os erros e o tempo perdido acentuarán súa incidencia e alargarán o espacio da súa duración e mentres tanto retumbará a incertidume.


4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: