Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Dimite o pleno do Goberno no Perú

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Dimite o pleno do Goberno no Perú

Dimite o pleno do Goberno no Perú

  O presidente Alan García Pérez envolto no que deu en chamarse "petrogate" ou "petroescándalo"

Enviada por NorbertoVarelaCalvo NorbertoVarelaCalvo o 20/10/2008 21:55

  O escándalo estoupou coa difusión dunha vaga de gravacións na que persoeiros do APRA (partido político gubernamental), comentaban as manobras ilegais para daren á unha empresa Noruega uns anacos da explotación petroleira. Á pesar da renuncia do ministro de minas e enerxía, foi detido o director da empresa estatal de petróleo, máis algúns outros funcionarios están fuxidos.
 O goberno do Perú que preside o primeiro ministro Jorge del Castillo, e os seus ministros intentaron adiantarse ós feitos por mor da posibilidade que o Congreso coa participación da dereita, os nacionalistas e o movemento "fujimorista" os afastse dos seus mandatos.
Os ministros acudiron ó parlamento co obxectivo de explicar á súa posición tocante ó escándalo e non permitir as afrentas ó goberno que traballa con honestidade e adicación. No pazo lexislativo foron rexeitados polos lexisladores que deixaron o recinto ante a presenza dos ministros.
Ante os feitos o gobernó do primeiro ministro Del Castillo, puxo os seus mandatos á disposición do presidente do país Alan García, que xa enfrento unha crise por mor da corrupción no seu primeiro mandato nos anos 1985-1990, quen cualifico ós funcionarios envoltos no escándalo coma "víboras" e "traidores a la patria que intentan destruir una nación".


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: