Vieiros

Vieiros de meu Perfil


o roubo institucionalizado

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de o roubo institucionalizado

o roubo institucionalizado

aparcadoiros públicos en ourense ( e no resto ): a desfeita da collona.

Enviada por baltar69 baltar69 o 17/10/2008 13:01

en ourense denantes seica roubaba cabezas; algúns do séu propio partido comentaban, asombrados e con envexa, que todo o que tiña amasado durante o séu  paso polo concello non se podía levar ó lombo: fai falla un carro para mover toda esa pasta, amigo.
agora goberna o paco, tipo afable e sosegado e todas luces un ascendido casual, ca colaboración de alexandre s. vidal e o séu sombreiro de fieltro que oculta unha cachola exenta de pelo e luces. o poli, o gran derrotado que o pp local destiñou o matadeiro logo de tanta inquina  concello/cidadanía como fomentou o propietario do pazo de piñor, afirma fai tempo dende a súa laguna estigia que este bipartito local está a  custarlles ós cidadáns e contribuintes en xeral máis incluso que antes( está a custarnos logo, por que eu, anque non cidadán ourensán a pesares do apellido, sí son, ai, contribuínte ).
non sei exactamente de que vai a cousa e calquera é posíbel pero o que sí sufro a diario é a persecución da policía local como propietario e usuario dun vehículo automóvil. e esa posesión está gravada dun xeito que roza o escalo por tasas, impostos e gravamens. hoxe pola mañán tiven que desplazarme co meu fillo a facer unha análise o chou: dende a concesión do parking a copasa e a limitación do aparcamento na finca do meu homónimo baltar, cada vez que teño que facer uso da sanidade acabo metendo o coche alí e cada vez veño a sulfurarme máis: hoxe entrei as 8,15 horas e saín as 9,07. o importe do estacionamento foi de 1,45 euros. non tiven outra que agradecerlle a zapatero os seus desvelos por cuidar con tanta profusión do bolsillo da cidadanía como tampouco tiven outra que indicarlle o traballador que atendía con desgana o tinglado que aquelo era un roubo e unha sinvergoñería mentras el se encollía de ombreiros e me sinalaba un punto na lexanía: ali están as tarefas seladas pola autoridade competente.
ahora sí, mentras sifrimos estes abusos a diario, os nosos governantes mándannos ó cine ou o teatro para que éstes actúen de vaselina e non lles queimemólo quiosco. orden e progreso.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: