Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Protesta polo servizo de transporte sanitario non urxente

Unha lectora de Boiro fainos chegar esta carta na que se queixa do funcionamento dun servizo público.

Enviada por redaccion redaccion o 14/10/2008 13:40

Son unha muller, veciña de Boiro, na comarca do Barbanza (A Coruña), o meu nome é Mª del Carmen Hermo Torrado, a que desde fai tempo a saúde non acompaña, e por iso son usuaria de cadeira de rodas, e os meus problemas de saúde son múltiples e variados. E por este motivo, a falla de saúde, teño que acudir con frecuencia os distintos especialistas do noso Servizo de Saúde, o SERGAS; e debido a miña boa amiga, a cadeira de rodas, que fai vez das miñas inútiles pernas, convertinme en usuaria habitual do Servizo de Transporte de Ambulancias (Transporte Sanitario Non Urxente) para poder acudir a todas esas citas cos meus médicos/as. O servizo brindoume a posibilidade de facelo, xa que carecemos de autobuses adaptados que me permitisen facelo con axuste á maltreita economía dunha pensionista en terra galega. Este servizo dende logo nunca estivo exento de motivos de queixa e dende logo sempre necesitou moitas e múltiples melloras por parte das empresas que a cargo da Dirección Provincial de A Coruña do Sergas o levaban a cabo. Dende logo con semellante panorama endexamais crin que as cousas puidesen empeorar pero a vida e moi traizoeira e demóstrache sempre que a seguridade  en algo é a primeira razón para que iso cambie, e na maioría dos casos a peor.

Hai unha tempada dende o SERGAS decidiron cambiar as empresas que se encargaban do servizo, asumindo este outra empresa; e como unha xa é demasiado desconfiada como para aventurarse a crer nesas promesas de notables melloras que se oían, pero dende logo o que seguiu conseguiu deixarme apampada, algo que dende que tiven que sentar nunha cadeira con rodas, para suplir ás miñas pernas, pensei que non ía voltar a suceder.

A nova empresa encargada pretende conseguir beneficios co servizo que presta, como me parece lóxico a min e a calquera, o que non esperaba era que a súa maneira de conseguilo fose atentar contra a miña dignidade e sobre todo a saúde dos seus usuarios, para que entendan do que falo poñereilles un exemplo do que sucede e vostedes xulgaran se o que digo constitúe un atentado contra a xa mermada saúde dos seus usuarios.

O médico de cabeceira faiche a prescrición do servizo (remíteselle dende o centro de saúde correspondente a través da rede (Internet) á Dirección Provincial do Sergas.

Estes aproban o servizo, e transmítelle os datos oportunos á empresa que finalmente fará dito servizo.

O día anterior a túa cita co correspondente especialista, unha empregada cun ton non demasiado amable nin cortes (quizais ela tamén ten queixas que dar da súa situación laboral) dáche a hora de recollida no teu domicilio; imaxínense a sorpresa se vostede tendo cita para as 10:30 horas da maña en Santiago, lle din que van a pasar a recollela ás 07:30 horas; claro unha fai rapidamente as súas contas e dáse conta que iso lle supón chegar 2 horas antes da súa hora de citación (como se os doutores non nos fixesen agardar abondo, pero iso xa é outro cantar); claro unha trata de explicarlle á persoa que transmite semellante mensaxe que aí ten que haber algún erro. Sorprendentemente non só é o caso senón que se aventuran a dicir que teñen que recoller a máis xente, claro eu trato de facerlle entender que esa antelacióSon unha muller, veciña de Boiro, na comarca do Barbanza (A Coruña), o meu nome é Mª del Carmen Hermo Torrado, a que desde fai tempo a saúde non acompaña, e por iso son usuaria de cadeira de rodas, e os meus problemas de saúde son múltiples e variados. E por este motivo, a falla de saúde, teño que acudir con frecuencia os distintos especialistas do noso Servizo de Saúde, o SERGAS; e debido a miña boa amiga, a cadeira de rodas, que fai vez das miñas inútiles pernas, convertinme en usuaria habitual do Servizo de Transporte de Ambulancias (Transporte Sanitario Non Urxente) para poder acudir a todas esas citas cos meus médicos/as. O servizo brindoume a posibilidade de facelo, xa que carecemos de autobuses adaptados que me permitisen facelo con axuste á maltreita economía dunha pensionista en terra galega. Este servizo dende logo nunca estivo exento de motivos de queixa e dende logo sempre necesitou moitas e múltiples melloras por parte das empresas que a cargo da Dirección Provincial de A Coruña do Sergas o levaban a cabo. Dende logo con semellante panorama endexamais crin que as cousas puidesen empeorar pero a vida e moi traizoeira e demóstrache sempre que a seguridade  en algo é a primeira razón para que iso cambie, e na maioría dos casos a peor.

Fai unha tempada dende o SERGAS decidiron cambiar as empresas que se encargaban do servizo, asumindo este outra empresa; e como unha xa é demasiado desconfiada como para aventurarse a crer nesas promesas de notables melloras que se oían, pero dende logo o que seguiu conseguiu deixarme apampada, algo que dende que tiven que sentar nunha cadeira con rodas, para suplir ás miñas pernas, pensei que non ía voltar a suceder.

A nova empresa encargada pretende conseguir beneficios co servizo que presta, como me parece lóxico a min e a calquera, o que non esperaba era que a súa maneira de conseguilo fose atentar contra a miña dignidade e sobre todo a saúde dos seus usuarios, para que entendan do que falo poñereilles un exemplo do que sucede e vostedes xulgaran se o que digo constitúe un atentado contra a xa mermada saúde dos seus usuarios.

O médico de cabeceira faiche a prescrición do servizo (remíteselle dende o centro de saúde correspondente a través da rede (Internet) á Dirección Provincial do Sergas.

Estes aproban o servizo, e transmítelle os datos oportunos á empresa que finalmente fará dito servizo.

O día anterior a túa cita co correspondente especialista, unha empregada cun ton non demasiado amable nin cortes (quizais ela tamén ten queixas que dar da súa situación laboral) dáche a hora de recollida no teu domicilio; imaxínense a sorpresa se vostede tendo cita para as 10:30 horas da maña en Santiago, lle din que van a pasar a recollela ás 07:30 horas; claro unha fai rapidamente as súas contas e dáse conta que iso lle supón chegar 2 horas antes da súa hora de citación (como se os doutores non nos fixesen agardar abondo, pero iso xa é outro cantar); claro unha trata de explicarlle a persoa que transmite semellante mensaxe que aí ten que haber algún erro. Sorprendentemente non só é o caso senón que se aventuran a dicir que teñen que recoller a máis xente, claro eu trato de facerlle entender que esa antelación é algo non so esaxerado senón inadmisible, e a persoa do outro lado do fío telefónico dime que iso é o que hai, sen amaño ningún.

Vostedes dirán que 2 horas, por un día non pasa nada, que unha e un pouco esixente de máis; pero esta vez no foi a primeira, e a can fraco todo son pulgas, tendo en conta a última vez na que tendo a cita en Santiago as 12:20 e habendo rematado ás 13:49 horas, non tiveron a ben deixarme no meu domicilio ata ás 19:15 horas, boten contas a ver canto sae o tempo esperado. E despois desas máis de catro horas sentada nunha cadeira de rodas (que non é a que habitualmente uso) e dentro do agradable recinto hospitalario paréceme que desta vez tiña que facer algo; e aquí estou tratando de dar a coñecer o que está sucedendo e vou deixar ó aire unhas preguntas, que agardo alguén se sirva responder, porque eu a pesares do rápido que fago contas non fun capaz;

Ø    ¿Porque unha empresa así sen respecto ningún polos usuarios nin a súa saúde puido facerse cun servizo destas características?

Ø    Acaso trala adxudicación, ¿a nosa sanidade deixou de comprobar o que se facía? ou ¿é que como pacientes enfermos e con dificultades non importamos o suficiente?.

Ø    ¿Os nosos políticos non terán a ben ver que os funcionarios fagan algo co que esta a suceder?.

Ø    ¿Acaso se eles tivesen que esperar con dor, sen a medicación pertinente e nun lugar coma un hospital farían algo?, pero os que agardamos somos xente maior ou con minusvalías físicas ou enfermidades graves, ¿e por iso non vale nada o noso tempo perdido?, o que nos están a dicir é que non valemos nada nós; e iso é algo que unha cidadán coma min non pode calar porque se a empresa xestora do servizo, os do Sergas ou os políticos responsables non o saben eu teño unhas pernas que non funcionan, pero unha cabeza que aínda si; e o meu tempo e o dos demais usuarios vale tanto coma o de calquera outro e a nosa saúde, xa precaria, precisa de maior respecto e vai sendo hora de que solucionen o problema e lle entreguen o servizo a unha empresa que poida xestionalo con respecto e calidade, a non ser claro que ¿a adxudicación destes servizos obedeza, quizais, a outros fins? é algo non so esaxerado senón inadmisible, e a persoa do outro lado do fío telefónico dime que iso é o que hai, sen amaño ningún.

Vostedes dirán que 2 horas, por un día non pasa nada, que unha e un pouco esixente de máis; pero esta vez no foi a primeira, e a can fraco todo son pulgas, tendo en conta a última vez na que tendo a cita en Santiago as 12:20 e habendo rematado ás 13:49 horas, non tiveron a ben deixarme no meu domicilio ata ás 19:15 horas, voten contas a ver canto sae o tempo esperado. E despois desas máis de catro horas sentada nunha cadeira de rodas (que non é a que habitualmente uso) e dentro do agradable recinto hospitalario paréceme que desta vez tiña que facer algo; e aquí estou tratando de dar a coñecer o que está sucedendo e vou deixar ó aire unhas preguntas, que agardo alguén se sirva responder, porque eu a pesares do rápido que fago contas non fun capaz;

Ø    ¿Porque unha empresa así sen respecto ningún polos usuarios nin a súa saúde puido facerse cun servizo destas características?

Ø    Acaso trala adxudicación, ¿a nosa sanidade deixou de comprobar o que se facía? ou ¿é que como pacientes enfermos e con dificultades non importamos o suficiente?.

Ø    ¿Os nosos políticos non terán a ben ver que os funcionarios fagan algo co que esta a suceder?.

Ø    ¿Acaso se eles tivesen que esperar con dor, sen a medicación pertinente e nun lugar coma un hospital farían algo?, pero os que agardamos somos xente maior ou con minusvalías físicas ou enfermidades graves, ¿e por iso non vale nada o noso tempo perdido?, o que nos están a dicir é que non valemos nada nós; e iso é algo que unha cidadán coma min non pode calar porque se a empresa xestora do servizo, os do Sergas ou os políticos responsables non o saben eu teño unhas pernas que non funcionan, pero unha cabeza que aínda si; e o meu tempo e o dos demais usuarios vale tanto coma o de calquera outro e a nosa saúde, xa precaria, precisa de maior respecto e vai sendo hora de que solucionen o problema e lle entreguen o servizo a unha empresa que poida xestionalo con respecto e calidade, a non ser claro que ¿a adxudicación destes servizos obedeza, quizais, a outros fins?


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: