Vieiros

Vieiros de meu Perfil


As augas que murchan a lingua - Nova Campaña da CiberIrmandade na Rede

A CiberIrmandade da Fala propón unha nova campaña para promover a galeguización das embotelladoras de augas de Galiza. A escolla dunha auga dun manancial galego fronte a outras de diversas procedencias é algo habitual na meirande parte dos cidadáns.

Enviada por KikodasLeiras KikodasLeiras o 24/02/2008 21:22

Mais moitas das grandes empresas embotelladoras de Galiza, Augas de Mondariz, Fontecelta, Augas de Sousas ou Aguasana, só usan o galego, no mellor dos casos, na súa denominación, esquecéndoo no resto das súas actividades, na publicidade, nas etiquetaxes, nas páxinas web...

A CiberIrmandade da Fala convídate a comunicarte con elas e demandarlles un maior uso do galego en todos os eidos, nomeadamente nas súas webs.

Por favor, espalla esta campanha entre os teus amigos!

Grazas por colaborar

Envía un prego dende a seguinte ligazón

http://www.ciberirmandade.org/sitio2007/component/option,com_obxetivos/task,envioweb/id,104/


4,38/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: