Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tes algo mellor para o venres que un roteiro nocturno máxico e reivindicativo? SOS: A Serra da Groba

Como xa saberedes, sobre a Serra da Groba pesa unha ameaza. Unha máis das que ultimamente caen sobre este Val Miñor: O proxecto de instalación dun parque eólico que destruiría ese espazo natural e cultural. (Toda a información en www.salvemosmonteferro.org  e  www.sosgroba.com)   Por ese motivo, este venres 28 de setembro realizaremos un marabilloso.....
 

Enviada por taurozen taurozen o 27/09/2007 12:20

Roteiro nocturno máxico e reivindicativo   Partirá da Cruz de Pao (cemiterio neolítico) para rematar na Laxe Cruzada, un petróglifo que contén o labirinto gravado máis grande de Europa, sobre o que queren chantar dous muíños aeroxeradores.   O paseo estará guiado e comentado polo arqueólogo Xosé Lois Vilar, e á luz indirecta das lanternas veremos (mellor que de día) numerosos petróglifos ó longo do percorrido e aprenderemos un pouco máis dos valores que esa Serra da Groba atesoura.   Como moitos de nós non coñecemos o lugar de partida temos acordados varios puntos de encontro previos para que, os que saben, nos guíen. Citamos aquí os dous principais:     Praia de Santa Marta (Baiona)   Hora 19:45 Chan da Lagoa (despois da Virxe da Roca)   Hora 20:00   A marcha a pé comezará na Cruz de Pau ás 20:30 e durará aproximadamente dúas horas (ida e volta). Non reviste dificultade, pero recomendamos levar calzado adecuado e roupa de abrigo.   Non volo perdades, será unha noite memorable. Haberá sorpresas e momentos únicos... E non deixedes de abrir o cartel que enviamos en documento adxunto.   Ata o venres. Agardámosvos a tod@s.   Para máis información chamade ó 647965193


4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Tes algo mellor para o venres que un roteiro nocturno máxico e reivindicativo? SOS: A Serra da Groba