Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Masa Crítica Coruña "Especial: pedalea pola Torre". Venres 7 de setembro

Masa Crítica é unha reunión mensual de ciclousuarios que, por unha banda celebran esta forma de mobilidade e por outra reclaman máis respecto, infraestruturas e, de forma insistente, o cumprimento das normas xa existentes para acougar o tráfico e facer a nosa cidade máis á medida das persoas.

Enviada por Birnarem Birnarem o 06/09/2007 11:45

Como coruñesas e coruñeses vemos na Torre algo máis que un faro, é unha das iconas que nos representa. Queremos aproveitar este mes para unirnos ao chamamento realizado por moitas asociacións da cidade para solicitar a sua declaración como patrimonio da humanidade, o que garantirá a sua conservación.

Para os amigos e usuarios da bici, a Torre esta sempre presente, porque a sua contorna representa, desde fai anos, o exemplo de espazo ideal para poder pedalear con liberdade, sen molestar a peóns nin coches e sen pór en perigo a nosa integridade.Aínda que, no seu momento foi un gran avance, a día de hoxe, xa é necesario que ese modelo esténdase polo resto da cidade, e que a luz do faro chegue a todos os barrios en forma de mobilidade intelixente.

No noso cartel falamos de dinamo da cidade, e cremos nesa metáfora. Os ciclistas, cando queremos pedalear con pracer e liberdade, sempre acabamos pasando pola Torre. O venres 7 ás oito da noitiña achegarémonos á sua base desde María Pita e así intentaremos contribuír coas nosas pedaladas a conseguir tan merecido recoñecemento.

Masa Crítica "Especial: pedalea pola Torre". Venres 7 de setembro. Saída ás 20h da Praza de María Pita.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Masa Crítica Coruña "Especial: pedalea pola Torre". Venres 7 de setembro