Todas aquelas persoas de orixe galega que cursen estudos musicais en centros de Galicia, España ou no estranxeiro, interesadas en participar como alumnos oíntes en Cameralia 07, grazas ás bolsas que concede a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e logo de realizar a súa inscrición como alumnos oíntes en Cameralia 07, terán un reembolso da cantidade ingresada (100 €) que non será inferior a un 80% deste importe.
Esta devolución será efectuada ao longo da semana na que se desenvolve Cameralia 07 (22-29 de xullo). O prazo aínda está aberto; finalizará o vindeiro martes día 17. Estes alumnos oíntes poderán asistir ás clases de música de cámara, conferencias, clases maxistrais e concertos que se desenvolverán dentro de Cameralia 07.
Enlaces relacionados:
» Solicitude:
http://www.cameraliafestival.com/acd_solicitud1.htm
» Páxina do Festival:
http://www.cameraliafestival.com/index.htm
» Nova na bitácora do aula de música de cámara:
http://www.blogoteca.com/musicadecamara/index.php?cod=18585