Este Sábado 12, no centro Comarcal do Salnés organízase a primeira edición desta xuntanza.
Pola mañá, ás 11 e cuarta abrimos a actividade cunha charla titulada QUE É O S.L? e onde se poñerán de manifesto as vantaxes e inconvintes de usalo, así como que é Linux e as principais distribucións. Ás 12 e cuarto, logo dun pequeno descanso explicarase como facer unha instalación de Linux (Ubuntu).
Pola tarde entramos xa nas clases prácticas. Os obradoiros comezarán as 5 e cuarto coa introdución ao FIREFOX como alternativa ao internet explorer.´Unha hora despois introducirémonos en diferentes programas libres, como un messeger ou o office, alternativos aos clásicos Media Player ou microsoft Office.
A participación´é GRATUITA, pero para asistir pola tarde é necesario inscribirse. Máis info.
www.cambados.tk
A actividade está organizada como celebración do II Aniversario da Páxina Crítica non oficial de Cambados, Cambados.TK, e pola Rede de Dinamización de Sociedadedainformacion.eu da Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galiza, quen ademais impartirán as diferentes charlas e obradoiros. Colabora o Centro Comarcal cedendo o espazo e diferentes centros educativos ceden material informático.