Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Cámara de Comercio descontenta con Iberia

A Cámara de Comercio mandoulle ó presidente de Iberia unha carta na que se lle transmite ó directivo a preocupación polos axustes horarios e pídenlle que exista un consenso entre a compañía e a cidade para tomar decisións deste tipo

- 19:41 22/02/1999
Tags:

Os empresarios amosaron a súa preocupación polos cambios de horario nos voos con Madrid e Barcelona xa que estes cambios suporían adiantar o primeiro voo con Barajas e retrasa-las conexións co aeroporto de El Prat. Estes cambios impedirían que moitos empresarios coruñeses poidesen enlazar en Barcelona con avións que se dirixen ás capitais europeas. O cambio de hora nos voos con Madrid obrigaría ós empresarios a madrugar innecesariamente ou durmi-lo día anterior nesta cidade, o que orixinaría gastos ás empresas. A Cámara di que se están a esquece-los intereses dos usuarios e pide un consenso entre Iberia e a cidade ó tomar estas decisións.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: