O alcalde socialista Manuel Lagares xa pediu un estudio detallado a varias empresas especializadas no sector. O proxecto principal é buscar unha potenciación do comercio da cidade e das bisbarras colindantes.
No estudio solicitado polo Concello de Betanzos esixiranse cuestións referidas ó comercio local, as feiras, o transporte público, a ordenación do tráfico e dotacións de equipamentos municipais. Outro aspecto que se terá en conta é o que se refire ós hábitos de compra no municipio e nas localidades da bisbarra. Tamén prestarase atención ás propostas sobre a rehabilitación dos monumentos da cidade, núcleo constituínte dista actividade. As propostas terán que ser presentadas antes do remate do presente mes de Febreiro na Casa do Concello de Betanzos.