Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Paralelo 38. Cincuenta anos despois

O 25 de xuño de 1950 as tropas norcoreanas cruzaban o paralelo 38. Comezaba a guerra de Corea que se prolongou durante tres anos co custe de miles de mortos. Ao remate as liñas de fronteira retornaban ao paralelo divisorio que se acordara na conferencia de Postdam.Cincuenta anos despois o presidente surcoreano Kim Dae-jung visitou oficialmente Corea do Norte. En Pyongyang foi recibido por Kim Jong-il nun ambiente de reconciliación. Era a primeira reunión entre os dirixentes de ambos estados en cincuenta anos. A posibilidade dunha Corea reunificada semella aínda afastada mais este primeiro cumio semella o comezo dun camiño que leva nesa dirección. Máis información no Canal Mundo de Vieiros.

- 08:58 20/06/2000
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: