Na web de Iusred, unha asesoría xurídica en liña, publícase esta carta escrita por seis presos en illamento no cárcere de Teixeiro (A Coruña). Nela os reclusos denuncian as palizas e torturas propinadas nesta institución penitenciaria e anuncian que entrarán en folga de fame a partir do 18 de xuño. Falan de "recinto de exterminio" e reivindican que se cumpra un auto dictado polo xuíz de vixilancia onde estima varias das denuncias formuladas.
.