O 13 de maio centos de organizacións polos dereitos humanos celebrarán unha Xornada Internacional de Solidariedade con Mumia Abu-Jamal, e haberá multitudinarias manifestacións en varias cidades dos Estados Unidos e no resto do mundo. O sábado 13 á unha da tarde haberá unha concentración en Madrid diante da Embaixada dos EEUU pola liberdade deste preso. Mumia foi un xornalista de radio durante os anos 70 en Philadelphia, ademais de membro do Black Panther Party (Partido dos Panteiras Negras) e da organización MOVE. Era coñecido como "a voz dos sen voz" e foi presidente da Association of Black Journalists nesta cidade. En 1981 un policía disparoulle e estivo a piques de morrer, pero na mesma acción alguén matou ao devandito policía, delicto do que foi acusado e condenado posteriormente. Está pendente de ser executado. El di que non é culpable e ten un auténtico movemento cidadán detrás que o apoia. Na rede podemos ver ducias de páxinas adicadas á súa figura: Mumia.org, Mumia2000.org, FreeMumia.org, Mumia en Nodo50.org ou MalcomX.it.
.