Os bombeiros da cidade voltan protagonizar un peche indefinido para negociar as súas demandas.
Os bombeiros de Vigo, acordaron onte á tarde retomar o peche indefinido que levaban ao cabo en días pasados ante a negativa do concello a seguir negociando con eles, tras protagonizar o colectivo un incidente con espuma na lonxa da casa do concello esta mañá. Esta mesma tarde uns sesenta bombeiros intentaron colocar unha pancarta reivindicativa coas súas peticións nas Travesas para logo dirixirse ao Parque de Balaídos onde tras celebrar unha asemblea se pecharon. Responsables do colectivo, acusaron ao grupo de goberno de aproveitar cun engano para rachar as negociacións que se viñan mantendo, e restoulle importancia aos presuntos desperfectos provocados pola solta de espuma na casa do concello.