Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A Comisión aposta pola seguridade en Internet

A Comisión Europea (Institucións-UE) ven de convocar unha serie de propostas sobre actividades de sensibilización para propiciar unha maior seguridade no uso de Internet.

- 15:10 19/04/2000
Tags:

O obxectivo principal destas propostas é o fomento de actividades de sensibilización dirixidas aos usuarios, en especial nenos, pais e mestres, para que poidan usar os recursos de Internet con seguridade e confianza, estimulando as actividades destes servizos no fogar e na escola.

Trátase, a través destas propostas, que o acceso aos contidos ilícitos sexa filtrado aplicando sistemas de filtración e calificación que servan de guía e control. Nunha primeira fase identificaranse os mellores medios para acadar estes obxectivos mediante proxectos piloto e nunha segunda fase, realizarase un asesoramento a organizacións con capacidade multiplicadora dos 15 Estados membros.

A información complementaria pode obterse no servidor de Cordis,o Servizo de Información Comunitaria de Investigación e Desenvolvimento(I+D).


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: