Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FALLO

Antón Lopo gaña o premio de novela García Barros

A editorial Galaxia publicará nos vindeiros meses a obra 'Obediencia' en papel e en formato dixital.

Redacción - 10:00 16/07/2010

O XXII Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades) xa ten gañador: o xornalista e escritor Antón Lopo. O xurado do certame galardoou a obra Obediencia que se presentou baixo o lema “Gödel”.

A novela ambientada nunha Compostela do século XXII, unha cidade-estado independente e republicana, mentres a vella Galiza está desertizada en boa parte baixo unha eterna nube tóxica.

O xurado formado por Inmaculada Otero Varela, Manuel Santiago Fernández, Xosé Manuel Eiré, Carlos Lema e Valentín García Gómez salienta “a imaxinación creadora e a habilidade para contruír unha historia nese futuro hipotético, usando a linguaxe das matemáticas, as imaxes visuais do cinema de ciencia ficción, e a intriga dunha trama que se desenvolve freneticamente cuns personaxes ben trazados e protagonizada por unha muller”.

A obra  galardoada vai ser publicada este ano en papel e en formato dixital. O premio está tamén dotado de nove mil euros.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: