Co 95% do voto escrutado, imporíase o candidato do partido Plataforma Cívica (PO), Bronislaw Komorowski.
Bronislaw Komorowski, este domingo
O presidente en funcións de Polonia e candidato polo partido Plataforma Cívica (PO), Bronislaw Komorowski, gañaría a segunda volta das eleccións presidenciais do país ao obter o 52,6% dos votos nos comicios organizados este domingo, xa co 95% do voto escrutado.
O rival de Komorowski nesta segunda volta das eleccións presidenciais, o candidato do partido Lei e Xustiza (PiS), Jaroslaw Kaczynski, obtería o 47,4% dos votos segundo estes mesmos resultados oficiais, polo que todo parece indicar que Komorowski converteríase no próximo presidente.
Deste xeito, a cidadanía polaca opta por unha mudanza: da dereita ultraconservadora dos irmáns Kaczynski por apenas a dereita liberal do Komorowski. Este xa proclamou publicamente o domingo pola noite a súa vitoria cos primeiros resultados a pé de urna.
Esta votación é a segunda volta duns comicios presidenciais convocados de forma anticipada debido á morte do anterior presidente, Lech Kaczynski, irmán xemelgo de Jaroslaw, falecido o pasado mes de abril xunto coa súa esposa e outras 94 persoas nun accidente de aviación.