A pouco menos dun mes do inicio da cita, cartaz pechado: Caribou, Eli Paperboy Reed, Dandy Warhols...
O público brinca no concerto de Franz Ferdinand na edición de 2009 / Imaxe: Hugo Lima / Paredesdecoura.org
A cita de referencia en canto a macrofestivais por esta parte do mundo galaicoportugués ten xa pechado cartaz para a súa edición deste ano. Paredes de Coura 2010 botará a andar o próximo 28 de xullo con coñecidos nomes do rock e o pop internacional. Alén diso, e como cada ano, tamén haberá espazo musical alternativo para outras propostas como o jazz.
Velaí o programa principal:
28 de xullo: Los Campesinos!, Memory Tapes, Best Coast , Cosmo Jarvis
29 de xullo: Enter Shikari, Gallows, Caribou, Vivian Girls, Eli Paperboy Reed, We Have Band
30 de xullo: Peter Hook performing "Unknown Pleasures", Klaxons, Plan B, White Lies, The Tallest Man on Earth
31 de xullo: The Prodigy, The Specials, Jamie T, The Dandy Warhols