Di o 'DN': "Son galegos, non gostan de España, queren a independencia e esta terza deslocaronse a Valença expresamente para 'dar moita forza' á equipa das quinas".
O Diário de Notícias recolle a información da axencia Lusa sobre a visita da turma de galegos que se deslocou a Valença do Minho esta terza para torcer pola selección portuguesa no partido do mundial de fútbol que a enfrontou coa española (gañado pola segunda por 1-0).
"Son galegos, non gostan de España, queren a independencia e hoje (terza) deslocaronse a Valença do Minho expresamente para 'dar moita força' á equipa das quinas, no xogo que a opón á selección española", di o DN.