Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CORUÑA

“Terra Berger”: Música e poemas para un mestre

Diversos autores galegos homenaxerán o vindeiro mércores cun recital poético ao autor de 'Porca Terra'.

Redacción - 12:21 28/06/2010

A Coruña renderalle tributo a un autor tan comprometido co tempo que lle tocou vivir como é Jhon Berger.  A velada poético-musical, que leva por título “Terra Berger”, terá lugar o vindeiro mércores 30 (ás 20.30 horas) na antiga cadea provincial da cidade. Na mesma participarán Xoán Abeleira, Rosa Aneiros, Lupe Gómez, Xabier Seoane, Iolanda Castaño, Manuel Rivas e Cesáreo Sánchez.

Para poder acudir ao acto é preciso contar cun convite. As persoas interesadas poderán retirar a entrada de balde este luns no antigo recinto penitenciario (de 12 a 14 horas e de 18 a 21).


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: