Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FORO EN COMPOSTELA

Como poden ser máis eficaces as organizacións sociais?

Os maiores expertos europeos en Cooperación e Desenvolvemento reflexionarán sobre a actuación da sociedade civil no eido do desenvolvemento.

Redacción - 11:30 26/06/2010

Máis de 70 organizacións de desenvolvemento europeas reflexionarán a partir do próximo luns 28 de xuño e durante dous días en Santiago de Compostela sobre as posíbeis liñas de mellora na cooperación internacional. O foro, que se organiza baixo o título “A eficacia da sociedade civil europea no desenvolvemento” contará coa presenza dos maiores expertos nesta temática, tanto a nivel europeo, como estatal como galego.

Segundo apuntan dende a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD), que organiza o evento en colaboración coa coordinadora española e europea, o foro organízase nun” delicado contexto” no que “as propostas para a mellora da eficacia e a incidencia e compromiso das organizacións da sociedade civil son dunha importancia indispensábel”. Así, apuntan ás dificultades derivadas da actual situación de crise, que afecta moi notabelmente á cooperación e ao desenvolvemento, ou á recente aprobación en Galiza do II Plan Director de Cooperación, que reduciu sensibelmente os fondos para este cometido.

Neste encontro discutiranse estratexias relativas á coordinación entre as propias organizacións, á transparencia nas súas contas e, ademais, analizaranse as accións de mobilización e cambio social postas en marcha nos países enriquecidos que buscan contribuír á promoción do desenvolvemento nos países empobrecidos. Asemade, representantes das organizacións explicarán o papel das ONGD en Europa.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: