Ao fío da actualidade ao respecto do futuro do tren no país, o ambientalista Xan Duro reflexiona sobre o abandono e deterioro de liñas e o recorte de servizos.
'Salva o Tren' escenifica a morte do servizo de proximidade
"É certo que existen liñas deficitarias pero a análise ten que ir un paso máis aló e ver porqué son deficitarias", advirte Xan Duro no seu artigo. Membro da Comisión Permanente de Verdegaia, asociación da que foi Coordenador Xeral, e responsábel da área de Enerxía e Transporte. É un activo impulsor do uso da bicicleta en Galiza, o ambientalista xa publicara anteriormente en Vieiros o artigo titulado O ferrocarril galego: vertebrando o territorio ou favorecendo a estrada?.
Agora, e saíndo ao paso das declaracións do ministro de Fomento, o lugués Xosé Blanco, sobre o peche de liñas de ferrocarril presuntamente deficitarias en todo o Estado, varias delas en Galiza, Xan Duro reprocha o que na súa opinión é "un estado de abandono lamentábel consecuencia dunha campaña consciente e prolongada baseada no deterioro de liñas, na obsolescencia de material rodado, o recorte de servizos e o peche de liñas coa escusa da falta de usuarios (provocada por esta situación)".
Recomendámoslles o seu novo artigo en Vieiros: Por que hai liñas de ferrocarril deficitarias en Galiza?.