Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RUXERUXE OU REALIDADE?

A prensa alemá insiste en que a UE prepara un plan de salvamento para o Estado Español

O Frankfurter Allgemeine asegura que se está a estudar o rescate. A Unión Europea nega estas información por segunda vez nos últimos días.

Redacción - 11:48 14/06/2010

Un dos xornais máis influíntes de Alemaña, o Frankfurter Allgemeine, de orientación conservadora, insiste en que a UE está a preparar un plan de axuda ao Estado Español. A nova chega despois dunha información no mesmo sentido que o Financial Times Deutchsland publicou o pasado venres e que foi desmentida por fontes da Unión Europea e do propio goberno español.

A información do rotativo alemán asegura que o presidente da Comisión Europea, Durao Barroso, e o presidente do Banco Central Europeo, Jean Claude Trichet, son partidarios de que o Estado Español acceda ao fondo de rescate 750 mil millóns aprobado a raíz da crise grega.

O diario asegura que a preocupación crece día a día pola desconfianza existente cara á solvencia financieira dos bancos e caixas españolas. O asunto podería ser tratado este mesmo luns, segundo o xornal, na reunión que van manter Angela Merkel e o francés Nicolás Sarkozy.

A UE volve a tachar as novas de "especulación" (actualizada ás 13.30 horas)

Amadeu Altafaj, voceiro comunitario, tivo que saír a desmentir (por segunda vez) as informacións do xornal alemán: “Non hai plan nin hai petición. É pura especulación”. Incluso foi máis aló ao deixar caer que o propio goberno alemán podería estar alentando as especulacións. O executivo deste último país sinalou que non ve indicios de que o Estado Español estea pensando en solicitar a axuda da UE.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: