O novo executivo acusa ao anterior de ter manipulado os datos, tal e como acontecera en Grecia.
As alarmas económicas saltan noutro estado da Unión Europea, neste caso en Hungría. Un voceiro do novo goberno conservador, que chegou ao poder hai escasas semanas, asegurou de que a situación económica que atravesa o país é "moi grave" e que existen datos de que o anterior executivo manipulou datos sobre a situación real, tal e como sucedeu en Grecia.
O voceiro do goberno, Péter Szíjjártó, asegurou que haberá que tomar medidas de urxencia "para non seguir o camiño de Grecia". As propostas pasan por unha redución de impostos para "fomentar a competitividade", así como drásticos recortes do gasto público.
Hungría forma parte da Unión Europea dende 2004. Con perto de 10 millóns de habitantes, o país mantén a súa moeda propia (o florín húngaro).