Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
CGB, VENRES, 4 DE XUÑO, 20 H

Entrega de premios do IV Certame Literario Contos no Mediterráneo

A próxima sexta feira, 4 de xuño, terá lugar no Centro Galego de Barcelona a entrega de premios da IV edición do Concurso Contos no Mediterráneo.  

Lectorado de Galego na UAB - 23:00 31/05/2010

As escritoras Raida Rodríguez (Máquina de guerra, 2009), e Eva Méndez do Roxo (As sete idades, 2008), abrirán o acto cun recital poético. A seguir procederase á lectura do fallo do xuri e á entrega de premios da IV edición de Contos no Mediterráneo. Ao finalizar o acto servirase un viño de honra.

Contos no Mediterráneo é un certame literario dirixido aos estudantes de galego e portugués dos países de fala catalá, convocado polo Lectorado de Galego da Universitat Autònoma de Barcelona, o Instituto Camoes de Barcelona e mais o Espazo Galego dos Països Catalans. Os textos premiados publicaranse en Vieiros Barcelona.

Entrega premios IV Certame Literario Contos no Mediterráneo


- Recital poético das escritoras Raida Rodríguez e Eva Méndez do Roxo
- Entrega de premios do Concurso Literario Contos no Mediterráneo.
- Viño de honra



Venres, 4 de xuño 20:00 h.
Centro Galego de Barcelona. Sala Ferrío
La Rambla del Caputxins, 35-37. Barcelona
Metro Liceu (L3)


Organiza: Lectorado de Galego da Universitat Autònoma de Barcelona | Instituto Camoes | Espazo Galego dos Països Catalans
Colabora: Rede.cat
Patrocina: Centro Galego de Barcelona, Sargadelos, Instituto Camoes, Edicións Xerais, A Nosa Terra, Obradoiro, OQO Editora, Secretaría Xeral de Política Lingüístical, Xunta de Galicia.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: