Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sobe a tensión na zona

Corea do Norte ameaza cunha acción militar contra Corea do Sur

A presunta entrada de buques de guerra surcoreanos en augas do país veciño é cualificada de "provocación deliberada" e desata unha belixerante resposta.

Redacción - 13:25 25/05/2010
Localización de Corea do Norte

Localización de Corea do Norte

A investigación internacional concluíu recentemente que foi un torpedo lanzado por un submarino de Corea do Norte o responsábel do afundimento o pasado mes de marzo dun barco de Corea do Sur, con resultado de 46 mortos. A confirmación da sospeita agrava a xa complicada relación entre os dous veciños que esta semana ten un novo episodio.

Corea do Norte acaba de definir de "provocación deliberada" a suposta presencia durante os últimos dez días en augas deste país de ducias de buques de guerra da veciña Corea do Sur. Un conflito que na práctica ten que ver tamén co non recoñecemento por parte do goberno norcoreano da liña marítima estabelecida despois do conflito bélico dos anos 50 e que consideran demasiado perto da costa.

Neste escenario de tensión, Corea do Norte anunciou que promoverá "medidas militares prácticas" se a presencia destes buques continúa. Un belixerante anuncio que coincide á vez coa declaración formal que Corea do Sur fai do veciño do norte como "principal inimigo", terminoloxía que deixara de usar hai máis dun lustro. O goberno surcoreano vén de afirmar tamén que entre o conxunto de medidas contra o Norte suprimirá todos os intercambios comerciais e impedirá o paso polas súas augas de todo barco que se dirixa ao país veciño. Ao tempo, é tamén noticia o anuncio de novas manobras militares conxuntas do exército surcoreano xunto con tropas estadounidenses.

Para ampliar:


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: