Da man de Nova Escola Galega coñecemos un chisco máis sobre o tema.
A xordeira consiste nunha perda parcial ou total da audición. Esta discapacidade está presente nun sector importante da poboación, e existen aínda un tipo de barreiras que impiden a súa integración plena na sociedade: as barreiras de comunicación que son as máis descoñecidas para as persoas normooíntes, porque a discapacidade dunha persoa xorda é invisible.
(...)
...Non é correcto dicir xordomudo para falar das persoas con xordeira: A palabra mudo implicaría que non pode falar ou que non emiten sons, e as persoas xordas teñen as cordas vocais perfectamente e poden falar. Iso si, para comunicarse oralmente é importantísimo que teñan un proceso educativo axeitado, xa que ao non oír necesitan aprender algo que as persoas normooíntes facemos a través da canle auditiva.
Novo número de Vieiros da Escola: A Comunicación a través da linguaxe de signos