O axentes lugueses van deixar nas vindeiras semanas o clásico talonario para elaborar os exepedientes de sación con axenda electrónica.
As novas tecnoloxías tamén poden servir para que os axentes da lei teñan máis facilidades á hora de poñer unha “receita” por estar mal aparcado, por exemplo. E na carreira pola informatización, o Concello de Lugo vai dar un paso esta vindeira semana. Un grupo de axentes da Policía Local participará en seminarios de manexo de axendas electrónicas.
O consistorio mercou 25 PDA para “modernizar o sistema de xestión das denuncias do corpo, substituíndo desta forma os talonarios de denuncias en papel por un sistema de tramitación electrónico”.
Os axentes van poder fotografar as infracións e incluilas no expediente. O sistema tamén permitirá que os funcionarios saiban os datos do titular do vehículo.