A curta 'Rodilla' fíxose co Can de Pedra. O actor Ernesto Chao recibiu o Premio de Honra Pedigree.
A parroquia de Cans, no Porriño, volveu ser a capital das curtametraxes. Este sábado pola noite clausurouse o VII Festival de Cans que volveu ser un éxito de participación. Se hai que poñer un nome propio ese é o de Juanjo Jiménez, que logrou o máximo galardón (o Can de Pedra) pola curta 'Rodilla'. O fime conta a historia dun home desesperado por completa un vello álbum de fútbol da tempada 1973-74. Só lle falta un cromo: o de Fernando Rodilla, entón dianteiro do Celta.
Así quedou o palmarés da edición 2010:
-Premio de Honra Pedigree´10, dotado coa estatuíña Can de Pedra: Ernesto Chao.
-Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción, dotado co Can de Pedra e 1.500 euros: Rodilla, dirixida por Juanjo Giménez e producida por IB Cinema.
-Premio do xurado dos veciños de Cans a mellor curtametraxe de ficción, dotado co Can de Pedra: Padre Modelo, de Alejandro Marzoa e producido por Jet Films.
-Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación, dotado co Can de Pedra e 1.500 euros: A nena que tiña unha soa orella, dirixida por Álvaro León e producida por Rubén Coca Producións.
-Mención especial do xurado para Mi vida en tus manos, dirixida por Nuno Beato e producida por IB Cinema.
-Premio do xurado á mellor actriz, dotado co Can de Pedra: ex aequo para Fernando Cayo e Javier Gutiérrez, por El vendedor del año.
-Premio do xurado ao mellor actor, dotado co Can de Pedra: Nuncy Valcárcel, por Corser e cantar. O xurado fai constar a grave carencia de papeis relevantes para as mulleres nas curtametraxes recibidas, o que evidencia unha fonda desigualdade na representación cinematográfica.
-Premio do xurado ao mellor videoclip, dotado co Can de Pedra e 300 euros ex aequo: Javi Camino por Nuestra fe en el veneno, de Franc3s, e Gaspar Broullón e Matías Tarrío por Grelo 66, de Kastomá.
-Premio do público ao mellor videoclip, dotado co Can de Pedra e 300 euros: Adrian Pérez, por In Silence, de Catpeople.