O goberno español indultou os tres composteláns acusados de ter lesionado un policía nunha manifestación veciñal. Os procesados contaron cun forte apoio social durante todo este tempo.
Case doce anos despois o pesadelo remata. Simón Márquez, Xosé Moreira e Xesús Montoiro son tres veciños da parroquia compostelán do Eixo que dende xullo de 1998 tiveron que enfrontarse á xustiza por uns incidentes acontecidos nunha manifestación.
Despois dun longo proceso xudicial, 'Os Tres do Eixo' foron condenados a seis anos de cadea por un delito de lesións a un Policía Nacional no transcurso dunha protesta veciñal. Aínda que os detidios sempre mantiveron a súa inocencia e pese ao forto apoio social co que contaron, en 2007 ingresaron na cadea de Teixeiro durante uns meses e tiveron que facer fronte ao pago dunha cuantiosa indemnización.
Asociacións profesionais de policía opuxéranse por activa e por pasiva a un indulto (reclamado por institucións e veciños) que chegou por fin esta semana na xuntanza do Consello de Ministros.
Ofrecémoslle parte do seguimento que fixo en Vieiros deste caso: