A Coordinadora de Equipos de Normalización presenta unha nova entrega da campaña “Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego”.
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística seguen adiante coa campaña “Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego”. Logo de ternos mostrado vídeos con actores reivindicando a lingua propia do país agora chega unha nova entrega con corenta textos, onde outras tantas persoas reflexionan sobre o seu orgullo lingüístico.
Marilar Aleixandre, Rosa Aneiros, Fermín Bouza, Yolanda Castaño, Ramón Chao, Rafael Cuíña, Kiko da Silva, Suso de Toro, Manolo Barreiro ou Sechu Sende só son algúns dos moitos nomes que aparecen na campaña que está dispoñíbel dende este sábado na páxina da Coordinadora.
Podes ler os textos na páxina da Coordinadora