Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Homenaxe a Uxío Novoneyra

A forza do noso amor non pode ser inútil

Esa voz que nos conecta co que somos e co que queremos ser. Memoria, reflexións e novas voces. Convidámoste a remexer no especial de Vieiros Día das Letras.

Redacción - 11:30 14/05/2010
Tags:

Foi o que quixo ser, non outra cousa. Logrou un recoñecemento en vida que non deixa de agrandarse co paso dos anos. A súa poesía é a crónica dun mundo que se esfarela, mais radicalmente comprometida... Novoneyra, que tanto arelou viaxar un día do Courel a Compostela por terras libradas, conseguiu, cando menos, ser esa voz que nos conecta co que fomos e co que queremos chegar a ser.

No especial de Vieiros convidámoste a afondar na súa memoria a través da semblanza Un poeta no tellado. Grazas ao fondo documental da AS-PG, recollemos o recitado na propia voz do autor e da súa poesía comprometida. Tamén achegamos un extracto de 'Canto de Permanencia', filme documental ideado e escrito por Eduardo Álvarez, Xoán Costa e Mª dos Anxos González Refoxo, realizado pola produtora Pixel Films e dirixido por Carlos Seijo, Mikel Fuentes e Jairo Iglesias, entre outros. Doutra banda, a filla de Uxío Novoneyra, subliña o exemplo vital da figura do poeta.

Contamos tamén coa reflexión que seis creadores nos agasallan sobre a pegada de Uxío Novoneyra. Falan para Vieiros: Chus Pato, Antón Lopo, Carlos Negro, Fran Alonso, María do Cebreiro e María Lado.

E ademais, reparamos nas novas voces poéticas, o apartado Voces en Movemento que nos achega desta volta o regalo dos versos de Susana Sánchez Aríns, Xosé Sixto, Eli Ríos, Alba Cid, David Rodríguez e Lucía Novas.

Todo isto no especial de Vieiros para este Día das Letras 2010: A forza do noso amor non pode ser inútil.


4,71/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: