Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Obituario

Falece en Pontevedra Faustino Santalices Muñiz

Fillo do artífice da recuperación da zanfona, dedicou a súa vida a dignificar a figura do seu pai e elevou a arte de afiar á categoría científica.

Redacción - 11:05 11/05/2010
Faustino Santalices Muñiz

Faustino Santalices Muñiz

Este domingo morreu en Pontevedra Faustino Santalices Muñiz, fillo de Faustino Santalices Pérez, etnomusicólogo que rescatou do esquecemento a zanfona e dignificou a construción da gaita galega. Santalices Muñiz caracterizouse sempre por unha inmensa devoción á figura do seu pai, do que foi depositario do seu arquivo e da súa memoria.

Santalices fillo loitou toda a súa vida polo recoñecemento do seu pai e pola perpetuación do seu labor a prol da tradición musical e cultural do país. No seu traballo como oftalmólogo en Madrid, especializouse no afiado do instrumental cirúrxico da súa especialidade, elevando a arte de afiar a categoría científica, algo que, como el sempre explicaba, só podía conseguir alguén nado en Ourense, terra de afiadores. Desenvolveu inventos e patentes que supuxeron un grande avance na cirurxía ocular do seu tempo.

Faustino Santalices Muñiz, doutor en medicina e cirurxía, oftalmólogo e afiador, terá un funeral na súa memoria na basílica de Santa María a Maior de Pontevedra, este martes ás 17 horas.


4,64/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: