Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
60º aniversario

A grave crise económica ensombrece a celebración do Día de Europa

O 9 de maio de 1950 poñíanse as bases para a creación da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro, xermolo da actual UE.

Redacción - 11:30 09/05/2010

O 9 de maio de 1950, hai este domingo 60 anos, poñíanse as bases para a creación da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro, xermolo das institucións da actual Unión Europea. O Día de Europa celébrase no continente cada 9 de maio desde 1985.

Celebración ensombrecida este ano pola grave crise económica que padece Grecia e que afecta a fortaleza do euro e das propias institucións comunitarias. Precisamente, coincide coa aprobación dun fondo permanente para rescatar países en quebra ou atacados pola especulación.

Os ministros de Economía da UE reúnense este domingo de xeito extraordinario en Bruxelas con este fin logo de chegaren os xefes de Estado e de Goberno dos 27 a un acordo este sábado. Agora só falta por concretar que papel asumirá o Banco Central Europeo neste fondo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: