Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A Polo Ghit 2010

'A voda de Feijoo'

Recollerá o presidente da Xunta o desafío de convidar a Billy Joe, Cucaracha e BuleBule ao seu casamento?

Redacción - 10:30 09/05/2010



"O concurso vai ser a ostia este ano!". Con contundente prognóstico nos achegan o seu ghit desde as Mariñas coruñesas. Son Los Santos, e ameazan presentarse, dacabalo do Santosmóbil (na imaxe a pé destas liñas) para montar canfurnada roqueira na voda de Alberto Núñez Feijoo. "Pretendemos que o presidente da Xunta nos invite á súa voda", insisten, "e gañar o Apologhit deste ano, por suposto".

Roxen as gorxas, lostregan os instrumentos: son Billy Joe (baixo), Cucaracha (gorxa e guitarra) e Bule Bule (batería).A letra e a música é de Los Santos (Cucaracha, Bule Bule e Billy Joe) e está gravada nos Estudos Treboada da Coruña. A mestura é de Paco Liaño.

Velaí a letra:

Anda namorado e váisenos casar,
o noso presidente do Partido Popular.
Ela eche ben feitiña, unha moza singular.
Alberto si te casas, leva aos Santos a tocar.

Hei Hei Chini, levas unha xoia!


Os seus amigos de partido, unha festa van facer;
despedida de solteiro para o voceiro do PP.
Fraga dille sempre que non use condón,
Aznar xa está borracho e baila con Rajoy.

Hei Hei Chini, levas unha xoia!


Hei Hei Chini, levas unha xoia!


Ligazóns

5/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: