Eli Ríos, gañadora do último Premio Carral de Poesía, recita en homenaxe a Novoneyra dúas poesías do seu libro, que verá a luz a finais de mes. Vídeo no interior.
prendo a luz
aínda
que
é
de
día
só para confirmar
que a loura
segue no caldeiro
que a xanela
non transloce a rúa
que o teu nome
está mal dito
apago a bombilla
para reafirmar
que penso e existo
tamén na penumbra
A celebración do Día das Letras ben o merece. Eli Ríos adianta para Vieiros dúas composicións do seu poemario aínda inédito “nós escoitando o badalo de marienpltz”, co que se fixo acredora do Premio Carral de Poesía 2009. En homenaxe a Uxío Novoneyra achéganos en propia voz os primeiros versos desta súa primeira obra, que supón unha homenaxe á inconografía pop e á literatura galega dos anos oitenta.
O poemario, con prólogo de Alfredo Ferreiro e ilustracións de Baldo Ramos, será presentado o vindeiro venres 28 de maio na Casa da Cultura de Carral, coa presenza da propia autora, de Ferreiro e de Miguel Anxo Fernán Vello, da man da editorial Espiral Maior. Mais agora, Eli Ríos ofrécenos en primicia un adianto da súa obra poética e incorpórase, xunto con Xosé Sixto e a Susana Sánchez Arís, ás Voces en Movemento que Vieiros anda recompilando para o Especial do Día das Letras.
Podes volver ler aquí os Especiais das Letras dos últimos anos: