Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crise

Tres mortos en Grecia logo de arder un banco polo lanzamento dun cóctel molotov

Os traballadores gregos estaban convocados esta cuarta feira a unha folga xeral, amplamente secundada en todo o país.

Redacción / Axencias - 16:55 05/05/2010
Fortes enfrontamentos en Atenas

Fortes enfrontamentos en Atenas

Tres persoas -unha muller e dous homes- morreron esta cuarta feira a causa do incendio provocado nun banco do centro de Atenas, segundo a Policía, supostamente por algúns dos manifestantes concentrados na capital para protestar contra as medidas de austeridade do Goberno, informaron os bombeiros.

"Atopamos tres persoas mortas no edificio que se incendiou", informaron os bombeiros nun comunicado. O incendio deixou atrapado un grupo de 24 persoas nunha oficina do banco Marfin, sinala Reuters. Os traballadores gregos estaban convocados a unha folga xeral, amplamente secundada en todo o país.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: