Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OUTRA FORMA DE ABANDONAR A NICOTINA

Adeus aos ataques de tos

A Xunta pon en marcha o sétimo concurso “Déixao e gaña”. O reto consiste en estar catro semanas sen fumar, os que o consigan optan a premio.

Redacción - 18:35 04/05/2010

Vostede é dos que acora cando bota unha pequena carreira? Pensou morrer afogado logo dun violento e repentino ataque de tos? Se a resposta é afirmativa é case seguro que o seu caso é o dun fumador con moitos anos de nicotina ás costas. Nunca é tarde para deixalo se a forza da vontade acompaña, e se non acompaña nada mellor que os incentivos.

En Galiza estímase que hai arredor de 500 mil fumadores. A Consellaría de Sanidade vén de convocar a sétima edición do concurso bienal “Déixao e gaña” para fomentar o abandono desta adición. Os que acepten as bases do concurso teñen que superar un reto: aguantar sen fumar durante catro semanas (do 19 de maio até o 16 de xuño). Os que o logren entran nun sorteo que inclúe diñeiro en metálico, cheques de compra en establecementos colaboradores, estancias en balnearios ou ordenadores.
 
Todos os que queiran participar deberán inscribirse no concurso antes do 18 de maio. Máis información na propia páxina do concurso.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: