Con esta decisión -logo de asumiren que perderían tamén no Supremo-, a absolución dos cinco ex directivos tórnase firme e definitiva.
Os cinco ex directivos absoltos
A Asociación de Víctimas del Terrorismo (AVT) e Dignidad y Justicia (DyJ) renunciaron a presentar un recurso no Tribunal Supremo contra a sentenza do caso Egunkaria, que decretou a libre absolución dos cinco ex directivos imputados.
Os presidentes de ambas as dúas asociacións, Juan Antonio García Casquero e Daniel Portero, respectivamente, anunciaron esta quinta feira en conferencia de prensa desde Madrid que, "con toda a dor do seu corazón", non van recorrer a sentenza que din "respectar mais non compartir", logo de asumiren que tamén perderían.
Con esta decisión, a absolución de Martxelo Otamendi, Iñaki Uria, Joan Mari Torrealdai, Txema Auzmendi e Xabier Oleaga tórnase firme e definitiva. Na sentenza, o tribunal fallou que os ex directivos non teñen "a máis mínima relación con ETA" e que o diario non actuou baixo as súas directrices.