Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Tributo ao punkismo histórico

Radio Océano, 25 aniversario duns pioneiros

A histórica banda coruñesa volverá ao escenario a axitar as canelas e rañar nos instrumentos nunha homenaxe que acolle este xoves a Sala Nasa en Compostela.

Redacción - 11:35 21/04/2010

Aí a pé destas liñas poden ver como gastaba de gorxa Xosé Manuel Pereiro, hoxe decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, hai cousa de vintecinco anos. Baixo o alcuño de Johnny Rotring, en retranqueira alusión ao Rotten que voceiraba canda os Sex Pistols, Pereiro formaba parte como vocalista dunha banda integrada tamén na súa segunda formación por Renato 414 (Pablo Iglesias), arrabuñando na guitarrra; Sitdown (Sito Evangelista), armado como baterista e Rossmero (Santiago Romero) enfiando nas catro cordas do baixo. Será xustamente esa formación a que brinque aos escenarios este xoves na Sala Nasa para recordar os mellores tempos dunha banda extinguida en 1987: Radio Océano.

Será tempo para a lembranza non só deste grupo pioneiro, que axitou escenarios pola parte da Coruña cando polo sur o facían Siniestro Total ou Os Resentidos, senón tamén para recordar La Naval, a publicación alternativa na que eles e o seu contorno colaboraban, entre outros o finado poeta Lois Pereiro. Un disco compilatorio e unha exposición conmemorativa uniranse proximamente á lembranza respectiva de grupo e revista.

"De xustiza"
"Porque é de xustiza a reivindicación desta xente e porque nunca está de máis combinar co persoal para unha boa canfurnada". Así se anuncia a convocatoria para a noite deste xoves, que abrirán no escenario Os 3 TRebóns (Xurxo Souto, Fran Amil e Antón) e os Homes Sen Medo (Manu Paino, Martiño e Olivier). A maiores confirmaron a súa vontade de render tributo nesta cita Marcos “Galegoz” Payno, Leo i Arremecaghoná, Martiño “The Homens” Wu, Marcos “Rastrero”, Fran “Papaqueixo” Amil, Xosé Bocixa “Zënzar”, Xurxo Souto, Antón “Papaqueixo” ou Vituco, e tamén Antón Reixa, Julián Hernández, Miguel Costas e Uxía Senlle.


Ligazóns

4,71/5 (21 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



En María Pita, atizándolle co 'Terra Cha'

Esto No Es Hawaii (Nin Falta Que Fai)

Aplazamiento