O catedrático de Historia, único candidato, conseguiu o apoio “case unánime” do plenario.
Ramón Villares seguirá sendo o máximo responsábel do Consello da Cultura Galega logo de que o plenario da institución o decidise de xeito “case unánime”. Villares mostrouse moi “satisfeito” coa reelección e sinalou que quere afondar nas políticas levadas a cabo nos últimos catro anos xa que considera que neste período o rumbo estivo ben marcado.
Villares tamén anunciou que nos vindeiros meses haberá cambios na comisión executiva e adiantou a súa intención de ampliar o número de membros da mesma.