Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEFENSA E PROMOCIÓN DA TERRA

A Irmandade Moncho Valcarce premia a Xosé Manuel Beiras e ao Seminario Galego pola Paz

Os galardóns entregaranse o vindeiro 24 de abril nunha cea na que se lembrará ao crego nacionalista.

Redacción - 11:41 16/04/2010

Un ano máis a Irmandade Moncho Valcarce celebra a súa tradicional cea na que se lembra a figura do crego e histórico dirixente nacionalista. No transcurso da mesma farase a entrega dos Premios Moncho Valcarce. Na categoría de “Pola Defensa da Terra” o galardón será para Xosé Manuel Beiras Torrado mentres que o de “Pola promoción da Terra” recólleo o Seminario Galego de Educación pola Paz.

A cea rematará cun concerto de Mira Casabella. As persoas que queiran sumarse á homenaxe poderán facelo chamando ao seguinte número de teléfono móbil: 660 34 61 82.


4,6/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: