Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Durante case unha semana

Actores islandeses len a eito o informe do goberno de 2.250 páxinas sobre a crise

A iniciativa ten lugar nun acto público nun teatro de Reiquiavik e pódese seguir ao vivo a través da rede.

Redacción - 18:55 15/04/2010
Unha das participantes na lectura pública

Unha das participantes na lectura pública

Un grupo de actores islandeses decidiuse a poñer en práctica unha experiencia inédita. No medio da crise económica que lle afecta ao o país, 45 persoas farán quendas para efectuar unha lectura ininterrompida do informe presentado por unha comisión do goberno arredor da crise. O acto pódese seguir ao vivo a través da internet.

No teatro da cidade de Reiquiavik, os actores van lendo as 2.250 páxinas do informe, que esperan completar en, polo menos, cinco días, perante un amplo auditorio. A iniciativa chega despois de que se presentasen dúas obras teatrais inspiradas no colapso económicos dos bancos islandeses, no que parece ser unha fonte de inspiración artística no país.

Na web do teatro explícase que a lectura, que comezou o luns pola mañá, unha hora despois da publicación do informe, poderá durar até seis xornadas, día e noite, até a lectura completa dos nove volumes. A entrada é libre.

Malia que actualmente parece que a erupción dun volcán na illa está a atraer máis os turistas, o pobo islandés estase a interesar máis polos asuntos económicos, de aí que o teatro estea a recibir máis visitas do habitual.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: