Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN DINAMARCA

Xantar de balde a cambio de deporte

Un hotel ofrece comida gratis a calquera hóspede que sexa quen de producir electricidade dándolle aos pedais dunha bicicleta conectada a un xerador.

Redacción - 11:40 18/04/2010

Os que visiten o hotel Crowne Plaza Copenhagen Towers, en Dinamarca, terán a posibilidade de gañarse o seu xantar suando nas bicicletas estáticas do estabelecemento. A empresa hoteleira puxo en marcha unha iniciativa para xerar electricidade a través do deporte dos seus hóspedes.

A corporación asegura que unha persoa en bicicleta, pedaleando a 30 quilómetros por hora, durante 60 minutos, xera aproximadamente 100 vatios á hora. A electricidade producida deste xeito almacénase nunha batería e pasa a engrosar a fonte de alimentación principal do estabelecemento.

Para incentivar o seu uso, o Crowne promete a aqueles hóspedes que produzan dez vatios á hora ou máis que recibirán un xantar de balde. Deste xeito “animámolos non só a que se poñen en forma, senón tamén a que reduzan a súa pegada de carbono e a que aforren electricidade e cartos”, subliña o hotel, que defende o seu compromiso co coidado do medio ambiente.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: