Fontes oficiais rusas confirman que non hai superviventes entre as 132 persoas que viaxaban a bordo.
O presidente de Polonia, Lech Zaczynski, morreu este sábado xunto con outras 131 persoas ao estrelarse o avión no que viaxaban despois dunha manobra de aproximación ao aeroporto de Smolensk (no oeste de Rusia).
O avión, un Tupolev TU-154 que saíu dende Varsovia, estrelouse a uns 400 metros da pista de aterraxe do aeroporto militar. A Fiscalía rusa xa abriu unha investigación para determinar as causas do sinistro, mais todo apunta a unha aterraxe fallida a causa do mal tempo por mor da néboa que rodeaba o aeroporto.
Fontes oficiais rusas confirman que non se rescataron superviventes do sinistro. Ademais do presidente Kazcynski atopábanse no avión accidentado a súa muller, a economista Maria Kaczynska ou o gobernador do Banco Central de Polonia, Slawomir Skrzypek. O presidente encabezaba unha delegación oficial que tiña previsto conmemorar o 70 aniversario da masacre de cidadáns placos a mans das forzas soviéticas en katyn, durante a primavera de 1940.
Máis información: