O Parlamento votou a prol dunha iniciativa do Bloco de Esquerda para rematar coa discrimación.
O parlamento portugués aprobou esta semana unha proposta do Bloco de Esquerda que acaba coa prohibición de que homosexuais e bisexuais poidan ser doantes de sangue. Só o moi conservador CDS-PP decidiu absterse na votación (aínda que un seu deputado decidiu apoiar a iniciativa).
Dende o Bloco sinalaron que a reforma ditada polo parlamento é un importante paso adiante para rematar cunha discriminación por razón de sexo que perviviu até o de agora.