Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xa hai 21 mortos e 140 feridos

A Policía dispara contra manifestantes en Quirguicistán

As autoridades impuxeron o estado de excepción na capital e o presidente asinou un decreto polo que se impón o toque de queda.

Redacción - 17:55 07/04/2010
Imaxe desta cuarta feira

Imaxe desta cuarta feira

As autoridades impuxeron o estado de excepción en Bishkek, capital de Quirguicistán, e o presidente quirguiz, Kurmanbek Bakiyev, asinou un decreto polo que se impón o toque de queda, segundo informan axencias e medios internacionais.

Mentres, axentes antidisturbios da Policía dispararon contra os manifestantes que protestan polas rápidas medras no prezo da electricidade e dos combustíbeis empregados para os sistemas de calefacción.

Previamente os manifestantes, co líder opositor Omurbek Tekebayev á cabeza, irromperon no Parlamento. Até o de agora xa morreron 21 persoas, outras 140 resultaron feridas.

Reaccións
O secretario xeral da ONU, Ban Ki Moon, solicitou moderación e respecto polo estado de dereito. A alta representante da UE para Asuntos Exteriores e vicepresidenta da Comisión Europea, Catherine Ashton, expresou a súa "preocupación" e pediu "contención" ás partes. Desde o goberno ruso cualificaron de "infundadas" as informacións que o vinculan coas protestas.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: